ConcellosÚltima hora

Xuntanza entre o Conselleiro de Política Social e o alcalde de Sarreaus (A Limia)

Ambos mandatarios analizaron a posibilidade de promover as infraestruturas sociais necesarias nesta localidade
O conselleiro de Politica Social, Jose Manuel Rey Varela, manten un encontro co alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas Alvar. / Foto: Ana Varela.

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela e o alcalde de Sarreaus (A Limia), Gumersindo Lamas Alvar, mantiveron hoxe, 9 de xaneiro, unha xuntanza de traballo.

Na reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os mandatarios galegos abordaron diversos temas de índole social do concello ourensán e afondaron na cooperación entre ambas institucións co obxectivo de incrementar os contactos para mellorar a atención aos cidadáns.

Neste sentido, alcalde e conselleiro estudaron medidas para mellorar os servizos orientados á terceira idade, xuventude, infancia ou dependencia. Así mesmo, repasaron as accións que a Xunta de Galicia leva a cabo na localidade, nomeadamente o Servizo de Axuda no Fogar á Dependencia, que oferta 8076 horas de atención ao ano e que presenta unha ratio de cobertura do 100%, segundo os datos achegados da Consellería.

Dende o departamento xestionado por Rey Varela salientan que este encontro está enmarcado na liña de diálogo da Consellería de Política Social coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e optimizar os recursos autonómicos e locais para mellorar a calidade de vida da totalidade da poboación.

Artigos relacionados

Back to top button