ConcellosO BarcoÚltima hora

Xuntanza das alumnas de 6º de Bachiller da promoción 75/76 do Colexio Divina Pastora do Barco

As alumnas participantes na xuntanza./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un grupo de alumnas de 6º de Bachiller da promoción do curso 75/76 do Colexio Divina Pastora do Barco celebraban na noite do 28 de decembro unha nova xuntanza na que rememoraban vellos tempos. Reuníanse para cear a partir das 21h. no Restaurante San Mauro da vila. “Este acontecemento xa se empezara a celebrar cun gran encontro alá polo mes de abril do ano 2002 e con motivo do 25º aniversario da nosa promoción e que, por certo, cerraba o plan antigo de estudos”, comenta Elva Delgado, unha destas antigas alumnas participantes no encontro.

Daquela esa celebración ía “con excursión incluída (unha visita ás minas romanas das Médulas, unha comida de irmandade en Carucedo á que asistiron tamén 6 profesores). A continuación, volveríase ao Colexio Divina Pastora, onde na capela asistiríase a unha misa oficiada por Don Bienvenido. A despedida tería lugar no Pazo do Castro despois dunha cea de confraternidade. Durante varios anos realizamos excursións por diversos lugares de Galicia ata que a pandemia paralizou as nosas actividades”, conclúe Elva Delgado.

Artigos relacionados

Back to top button