Tras o obrigado parón pola pandemia, os Radioaficionados de Trives volven reunir a radioafeccionados de diferentes puntos de España nunha xornada de convivencia que desta volta se desenvolve en Chandrexa de Queixa e na que non falta o tradicional xantar de confraternización. Antes, os participantes coñecían á sede dos radioafeccionados triveses.
“Desde todos os recunchos de españa xuntarémonos en Chandrexa de Queixa, no Bar Cardiego, para falar de temas importantes para a radioafección e para os radioafeccionados cebeistas. E, como non, sobre os nenos en radio, un gran proxecto para a comarca de Valdeorras”, explica José María dende a organización do encontro, no que participan unhas 70 persoas.
Ademais neste encontro tamén se van a promocionar produtos agroalimentarios típicos como é o caso da bica de Trives e dos embutidos. Así, Embutidos Pío vailles entregar aos asistentes unha mostra de produtos que elabora como é o caso de salchichón e chourizo.
Fotos e vídeo cedidos.