CulturaCulturaMúsica

Xuntanza Internacional de Gaiteros no Castelo de Monterrei

O acto contará con intérpretes solistas, bandas e cantareiras de diferentes puntos de Europa
Imaxe da presentación deste encontro internacional.
Imaxe da presentación deste encontro internacional.

Un ano máis, o castelo de Monterrei acollerá o vindeiro sábado 14 de xuño, a Xuntanza Internacional de Gaiteiros, que organiza a Deputación de Ourense en colaboración co Concello de Monterrei. A contorna da fortificación medieval servirá de escenario para que bandas, músicos e cantareiras exhiban o arte secular do instrumento máis arraigado na cultura popular, ourensá, galega e europea: a gaita.

O vicepresidente da Deputación de Ourense Rosendo Fernández, acompañado polo alcalde de Monterrei José Luis Suárez, e polo director da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda Xosé Lois Foxo, presentaba na mañá do 12 de xuño as actividades que forman o programa desta XXIX edición, destacando “a fortaleza da nosa cultura e a necesidade de seguir potenciándoa a través do noso instrumento máis característico como é a gaita”.

O evento, que comezará o sábado ás 18h, conta con relevantes figuras como son os gaiteiros solistas Stjepan Veckovic, de Croacia; Filiz Ikay, de Turquía, e Juanjo Fernández, de Lugo, aos que hai que sumar os Gaiteiros Mirandeses, de Portugal; o Grupo Urzes, de Madrid, e as bandas ourensás: Cuarteto Monterrei, Banda de Gaitas de Verín, Grupo de Zanfonas da Escola Provincial de Gaitas, Banda de Gaitas Terras do Cigarrón, Banda de Gaitas de Riós, Gaiteiros de Flariz, Cantareiras da Real Banda e a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

Como acttividades paralelas, mañá 13 de xuño ás 20:30h. na Escola Provincial de Gaitas, haberá unha conferencia sobre as “Gaitas en Rusia” a cargo do estudoso Alexander Anistratov, de Moscova; e xa o día 14, ás 11h, desenvolveranse na Casa da Cultura de Albarellos obradoiros de “Toque de gaita a man pechada”, a cargo de Juanjo Fernández; “Canto e pandeireta”, impartido por Ana Belén Rodríguez, e “Zanfona”, a cargo de Manuel Garrido. Ademais, haberá unha exposición bibliográfica e discográfica.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button