ConcellosÚltima hora

XV Festa do Magosto da Rúa Vella, o 26 de outubro na praza do Arroio

Será a partires das oito e media da tarde e está organizada pola Asociación Cultural Sabugueiro

 

Coa caída da folla e a recollida das castañas, chega o tempo dos magostos e na Rúa Vella teñen xa preparada a súa particular festa.

Da man da Asociación Cultural Sabugueiro, o sábado 26 de outubro a partir das 20:30h. celebrarase na praza do Arroio unha nova edición desta tradicional celebracion de outono.

O prezo da entrada será de 8 euros e o menú constará de bolo preñado, empanada de carne, bullotes, bica, auga e viño. A venda de entradas será anticipada ata o 24 de outubro nos seguintes establecementos: Panadería Lorenzo, Bar San Roque, Comercio Fina, Artesanos Peyma, Peluquería Esencia, O Café, Bar o 4 e Clínica Fisioval.

Artigos relacionados

Back to top button