
Ás 1930h. do vindeiro sábado 27 de xullo a Casa da Cultura de Viana do Bolo acollerá a XVIII Mostra de Corais que organiza o Orfeón Vianés. Ademais da entidade anfitrioa, neste evento tamén participarán a Coral Aqua Música de Parada de Sil, a Coral Benaventana.
Cada unha das formacións musicais interpretará varias pezas e o repertorio acostuma completarse cunha actuación conxunta das formacións participantes.