CulturaCulturaÚltima hora

XXVII Semana Cultural de Seixalbo

A asociación de veciños San Breixo organiza un programa con charlas, andainas, proxeccións e guateque
Actividade cos nenos nunha edición anterior da Semana Cultural de Seixalbo.
Actividade cos nenos nunha edición anterior da Semana Cultural de Seixalbo.

Co lema “Eses anos pasados”, a asociación de veciños San Breixo de Seixalbo, organiza a XXVII Semana Cultural de Seixalbo coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense.

O programa que comezaba o 30 de agosto, inclúe un amplo abano de actividades que continuarán ata o vindeiro sábado, 6 de setembro.

A semana abríase o sábado coa inauguración e o primeiro Certame audiovisual e literario, organizado por cometadigital.com coa colaboración da Agrupación Cultural Agromadas e a Asociación de Veciños.

O domingo, tiña lugar unha excursión á Lira e fervenza do Ézaro, na que os participantes visitaron as Rías Altas: Muros e Lira, desfrutaron dun día na praia en Lira, e visitaron o mirador e a cascada do río Ézaro.

O luns 1 de setembro, na área recreativa da Infesta celebrouse unha festa de escuma, e hoxe día 2, celebrarase a IV Andaina Nocturna, con saída ás 22:30h. dende o local central, na rúa Abelardo Arce, para percorrer Seixalbo. Mañá, mércores 3 de setembro, continuarán as actividades coa proxección do documental “Entre paradas”.

O xoves, día 4, terá lugar a charla “Outra visión da inmigración”, por parte da asociación Juan Soñador, mentres que o venres día 5, haberá un guateque na Praza do Cabildo, dende as 23h. no que se recreará o ambiente dos anos 70.

O programa de actividades rematará o sábado día 6 desetembro coa cea do socio, que terá lugar a partires das 21:30h. no Campo da Infesta.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button