Na tarde deste luns 6 de marzo a vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo visitaba a localidade ourensá de Barbadás convidada polo Concello e acompañada polo subdelegado do Goberno, Emilio González.

Na casa da Cultura Manuel María e no marco dos actos de conmemoración do 8-M, Yolanda Díaz impartía dende as seis da tarde unha conferencia na que falou sobre a última fronteira de igualdade real “un tempo para traballar e un tempo para vivir”.
