En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Zenet pon música a unha exitosa “Velada dos Sentidos”, en Xagoaza (O Barco)

Esta era a cuarta edición desta iniciativa que combina música con enogastronomía e que promove a adega Godeval

 

Cun notable éxito recuperábase na noite do 2 de xullo a “Velada dos Sentidos”, de Godeval. Os xardíns desta adega en Xagoaza (O Barco) retomaban este singular evento que combina música, viño, comida e cócteles nun fermoso entorno ao aire libre.

 

 

Esta cuarta edición da velada, tras dous anos de parón pola pandemia, tiña como protagonista ao cantante, Zenet, unha das voces máis suxestivas do panorama musical español.

 

 

A convocatoria lograba unha excelente resposta e preto de 300 persoas desfrutaban deste evento entre viñedos, no que se podían degustar os viños da adega acompañados dunha variedade de tapas deseñadas por un restaurante de Valdeorras, finalizando con cócteles, cuxas receitas orixinais foron creadas por cocteleiros galegos de primeiro nivel e cuxa base principal serán os augardentes e licores, marca Mosteiro de Xagoaza.

 

 

Con este tipo de actividades, a adega valdeorresa quere continuar con este ciclo de concertos que empezaron no 2017 e poder levar á comarca ourensá de Valdeorras artistas que están a despuntar e aqueles que xa teñen unha traxectoria.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button