ConcellosÚltima hora

100.000 euros para acondicionar a praza de Puxedo en Lobios

Esta actuación está inclúida no Plan hUrbe, da Consellería do Medio Ambiente
A conselleira de Medio Ambiente e a alcadesa de Lobios, asinando o convenio.
A conselleira de Medio Ambiente e a alcadesa de Lobios, asinando o convenio.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a alcaldesa da Lobios, María del Carmen Yáñez Salgado, asinaban na mañá do 14 de marzo un convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello para a realización das obra de acondicionamento desta zona do municipio, cuxo investimento ascende a case 100.000 euros.

Esta praza constitúe o único espazo aberto de encontro e convivencia e esparcemento co que contan os veciños do núcleo de Puxedo. Trátase dunha zona moi transitada, por atoparse nesta unha capela, que é lugar de culto para veciños e foráneos do lugar. No lugar existe tamén un peto das ánimas e un cruceiro; elementos catalogados como bens de interese cultural (BIC).

A través da intervención, incluída no Plan hUrbe, “pavimentarase unha zona de 800 m2 e instalarase un novo alumeado público na praza, con focos de chan para a iluminación puntual da capela e do peto das ánimas. Para acometer as obras será necesario levantar o pavimento existente a base de soleira de formigón armado, para poder manter a cota que ten a día de hoxe a praza”, segundo se informa dende a Consellería de Medio Ambiente.

Artigos relacionados

Back to top button