
De “excelentes” vén de cualificar o IES Lauro Olmo do Barco as notas acadas polo seu alumnado na ABAU. O centro tivo “un 100% de aprobados nas probas da ABAU ademais de 5 excelencias académicas, é dicir, máis de 9 na parte xeral das ABAU”.
Segundo fai público este centro de ensino, estas excelencias académicas correspóndelles a Andrea Agulló Delgado, Miriam Colino Míguez, Angelitssa Núñez Ragui, Lucía Vega Navarrete e Sabela Vila García. Ademais, “Lucía Vega Navarrete sacou a nota máis alta, un 13,830, unha das notas máis altas de Galicia, seguro”, destacan dende este instituto barquense.