SanidadeÚltima hora

2,2 millóns de euros para renovación das lámpadas cirúrxicas dos hospitais galegos

A Área Sanitaria ourensá recibirá 26 desas lámpadas: o Hospital de Valdeorras 4, o de Verín 2 e CHUO 20

Exterior do Hospital Público de Valdeorras.

 

A Xunta de Galicia inviste un total de 2.288.715 euros para renovar un total de 97 lámpadas cirúrxicas, instaladas no conxunto de hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde. “Co obxectivo de garantir unha correcta cobertura sanitaria á poboación galega, o Executivo galego adquire uns equipos de iluminación que substituirán aos agora instalados nos bloques cirúrxicos de hospitais galegos, e que arestora contaban con máis de 15 anos de antigüidade”, segundo a Consellería de Sanidade.

Nomeadamente, 15 destas lámpadas destinaranse á área sanitaria de Vigo; 17 aos centros hospitalarios da área de Santiago de Compostela e A Barbanza; 19 á de Coruña e Cee; 26 para a Área Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras (20 para o CHUO, 4 para o Hospital de Valdeorras, o que supón un investimento de 94.380 euros, e 2 para o de Verín); 13 para a de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 5 para a área sanitaria de Ferrol, e 2 para a de Pontevedra e O Salnés.

As novas lámpadas, están baseadas en diodos LED de baixo consumo, posibilitando unha mellor iluminación dos quirófanos e tamén un aproveitamento máis eficiente da enerxía eléctrica. Así, a adquisición deste novo equipamento insírese na estratexia do Servizo Galego de Saúde que ten por obxecto favorecer un uso máis racional da enerxía e contribúir á sustentabilidade do sistema sanitario.

O suministro desta lámpadas é susceptible de financiamento mediante o progama operativo Feder-Galicia como parte da resposta da UE á pandemia de covid-19.

Investimentos en equipamentos cirúrxicos

Durante o presente ano, a Xunta de Galicia impulsou a adquisición e renovación dos equipamentos cirúrxicos dos hospitais galegos. Así, o pasado mes marzo aprobou un investimento de máis de 4’3 millóns de euros para adquirir 37 novos equipos radiocirúrxicos.

Destes 37 equipos, tres deles son radiocirúrxicos-vasculares. Destinándose, en exclusiva, aos quirófanos onde se practica este tipo de cirúrxia, ao permitir a realización de técnicas complexas: como a reparación endovascular de vasos arteriais periféricos en membros inferiores, sistema carotídeo e enfermidade dexenerativa da aorta torácica e abdominal.

 

Artigos relacionados

Back to top button