SanidadeÚltima hora

Ourense mellora os tempos medios de acceso a intervencións prioridade 1 e probas diagnósticas

O Hospital Público de Verín acada o mellor tempo de acceso a consultas -28,3 días- e Valdeorras o menor tempo medio para intervencións -32,5 días-

Hospital Público de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Á Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras acada “o mellor tempo de acceso a unha intervención de prioridade 1 (12 días) así como na maioría das principais probas diagnósticas, como TC, ecografías ou resonancias; co mellor tempo medio de acceso a unha operación en Valdeorras, (32,5 días) mentres que Verín, sitúase como o hospital galego con mellor tempo de acceso a unha primeira consulta (28,3 días), no balance da programación asistencial do primeiro semestre, desde hoxe dispoñible na páxina do Servizo Galego de Saúde”, ta e como se destaca dende o Sergas.

Os tempos de acceso a actividade asistencial programada nos tres hospitais da Área Sanitaria, melloran no ámbito de intervencións e probas diagnósticas, empeorando o tempo medio de acceso a consultas do conxunto da Área, derivado dun problema puntual de persoal en tres especialidades, polo que non reflicte o importante esforzo realizado para recuperar a actividade e os tempos prepandemia da maioría de servizos.

Esta media recupérase sobradamente no Hospital Público de Verín, co mellor tempo de acceso a consultas, 28,3 días de media, así como no de Valdeorras, que volta figurar á cabeza da rede Sergas no tempo de acceso a intervencións, 32,5 días de media.

Fóra do ámbito autonómico, a mellora dos resultados increméntase, con respecto ao conxunto do Sistema Nacional de Saúde, de feito, o Sergas sitúase como o segundo mellor servizo de saúde de España, en canto a tempos de espera media en numerosas especialidades, tal e como se desprende dos datos publicados no último informe do Ministerio de Sanidade a 30 de xuño de 2023.

Menos espera para as intervencións prioritarias

O tempo medio de acceso para unha intervención de Prioridade 1, aquelas que se corresponden coas patoloxías máis graves, na Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras é catro días menor que no conxunto da rede Sergas, e a menor en termos absolutos, 12.1 días, dunha media de 16.7 días a nivel galego.

En canto ao tempo medio acadado no primeiro trimestre para as intervencións programadas ordinarias realizadas -as urxentes non se computan neste rexistro, xa que non agardan- os centros hospitalarios públicos da provincia, manteñen uns tempos na media da rede galega, con 68,4 días de media para intervencións, no conxunto da Área Sanitaria, e 72,1; 32,5; e 43,6 nos hospitais de Ourense, Valdeorras e Verín, respectivamente.

O obxectivo da dirección da Área Sanitaria é “mellorar estes resultados cara os remate do ano, e traballa por resolver a problemática xerada nalgunhas especialidades ante as dificultades de contratación de facultativos, especialmente nos servizos de Rehabilitación Oftalmoloxía e Traumatoloxía, nos hospitais de Ourense e Valdeorras, que penalizan os resultados globais en consultas, unha vez conseguido establecer uns óptimos tempos, de accesibilidade media, ás intervencións prioritarias e ás consultas preferentes por medio das vías rápidas”, tal e como asegura.

As vías rápidas, son unha alternativa de xestión que permiten a clasificación da demanda en función da prioridade, permitindo así, dar unha resposta máis áxil e directa, tanto ao diagnóstico como o tratamento daquelas patoloxías máis graves, entre as que se encadran algunhas das oncolóxicas mais frecuentes como pulmón, mama, colon, vexiga, cabeza e colo e melanoma.

Todas elas están implantadas nos Hospitais de Verín, Valdeorras e o Universitario de Ourense, cumprindo sobradamente o compromiso de instauración de tratamento, ou alta, antes de 15 días, con demora cero na maioría dos casos.

Mellores tempos de acceso a probas diagnósticas

Especial mención compre facer á espera media das probas diagnósticas máis habituais onde o importante esforzo realizado de xestión e actividade logro mellorar os tempos voltando aos rangos previos a pandemia, en 2019.

Así nas probas radiolóxicas de maior complexidade, como a Resonancia Magnética, redúcese o mellor tempo obtido antes da pandemia, con 25,2 días de media (case dous días menos que en 2019 -27,8-). Unha situación similar prodúcese nos TC, con 39,7 días fronte a media galega de 77,6 días. Un área na que se renovaron a totalidade dos equipos e se adquiriron dous de altas prestacións, que se reflectirá máis neste segundo semestre.

Tamén entra as probas radiolóxicas destacan os tempos de acceso a unha ecografía, proba cada vez máis demandada e á que os ourensáns poden acceder nun tempo medio mínimo: 25 días para unha eco de mama, 36 para unha musculo-esquelética, 4 días para unha obstétrica, 16 días tiroidea; 31 de torax; 28 vascular; 18 xenitourinaria; 35 unha xinecolóxica; e 35 días para unha ecocardiografía ou 25 para un proceso intervencionista guiado por ecografía. Todos eles moi por debaixo da media galega e entre primeiros por hospitais.

Outra proba moi habitual, a endoscopia dixestiva tamén figura entre as de mellor tempo de acceso, 42,6 días , moi por debaixo da media autonómica de 105.9 días. Hai que subliñar que non se recollen nestas medias os tempos de acceso preferente da vía rápida nin por suposto daquelas indicadas como resultado da participación no cribado de cancro de colon.

Artigos relacionados

Back to top button