EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

26 viños de 14 adegas valdeorresas poderán degustarse en Gourmets 2024, en Madrid

Este importante foro de alimentación e bebidas de calidade desenvolverase entre o 22 e o 25 de abril

 

A próxima cita promocional dos viños valdeorreses terá lugar na capital de España, en Madrid, en concreto no Salón Gourmets. Este é un foro especializado en alimentación e bebidas de calidade que dará comezo o vindeiro luns e se desenvolverá ata o xoves, 25 de abril. “No marco deste espazo, 14 adegas da nosa Denominación de Orixe darán a coñecer os seus brancos e tintos”, destaca José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente do organismo.

Suporá “unha oportunidade máis para divulgar, sobre todo, que o noso territorio amparado é o berce orixinario do godello posto que todos os brancos que poderán degustarse en Gourmets 2024 procedentes de Valdeorras son monovarietais elaborados a partir deste tipo de uva”, engade o máximo responsable do Consello Regulador.

Así, 26 referencias de Valdeorras (17 brancas e nove tintas) poderán degustarse en Gourmets 2024. Será no stand 6B30 do recinto feiral do Ifema, no que terá lugar o foro.

Artigos relacionados

Back to top button