ConcellosÚltima hora

29 Xornadas micolóxicas en Celanova, do 20 ao 26 de outubro

Terán como escenario a sala Micolóxica “Plan C” desta localidade ourensá
Instalacións da Sala Micolóxica Plan C, en Celanova./ Foto cedida por Alejandro Mínguez.
Instalacións da Sala Micolóxica Plan C, en Celanova./ Foto cedida por Alejandro Mínguez.

Conferencias, degustacións, presentacións ou saídas ao campo. Ao longo dunha semana, do 20 ao 26 de outubro, as XXIX Xornadas Micolóxicas de Celanova pretenden, unha edición máis, achegar á sociedade ao mundo dos cogomelos.

O programa, que terá como escenario a sala Micolóxica de Celanova “Plan C”, abrirase o día 20 ás 19:30h. coa conferencia “Principais cogomelos comestibles”. Sempre á mesma hora, as ponencias seguirán o día 21 co tamén micólogo Carlos Suárez, que falará sobre os “Principais cogomelos tóxicos”; o mércores 22 con Borja Mínguez, técnico e propietario do Plan Demo, que abordará o tema “Trazabilidade. Normativa micolóxica 2014”, e o día 23 con Ricardo Mínguez que tratará a “Recollida ordenada e cultivo. Cooperativismo agrario”. Xa o 24 de outubro ás 19:30h. Alejandro Mínguez, de Plan C, presentará o seu libro “En el país de las setas” de Auga Editora.

As xornadas completarase o 25 de outubro cunha saída ao campo para recoller exemplares, seguida de degustación e clasificación, e o día 26 haberá unha exposición de cogomelos no Plan C.

Artigos relacionados

Back to top button