OurenseÚltima hora

300 personaxes ambientarán a zona vella da cidade na Noite de Medo de Ourense o 31 de outubro

A parte musical incluirá a Barón Rojo, Broken Peach, A Gramola e Uxía Lambona e a Banda Molona

 

A cidade de Ourense promociona o seu Halloween – Noite do Medo na multitudinaria festa do Sexta-13 de Montalegre. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, acompañado pola presidenta da Cámara Municipal de Montalegre, Fátima Fernandes, presentaron este mediodía en rolda de prensa a programación de actividades organizadas polo Concello para esta celebración, convertida nos últimos anos nunha das máis participativas da cidade e referente do Halloween en Galicia.

Ourense presenta a súa Noite do Medo hoxe en Montalegre porque a localidade portuguesa (a menos de 70 km de distancia), celebra a súa Sexta 13 – Noite das bruxas, unha das máis espectaculares e multitudinarias celebracións do Norte de  Portugal, que mobiliza preto de 50.000 persoas. A festa, que se leva a cabo desde o ano 2002, está considerada o mellor espectáculo de rúa do país veciño. O Concello instalou un expositor para promocionar o Halloween de Ourense entre o público asistente, co lema: “Non esperes a morrer para coñeceres o Inferno. O martes, 31 de outubro, Ourense mete medo”

Trescentos actores e actrices coa caracterización de personaxes de medo animarán a zona vella da cidade, desde a tarde até a madrugada. O programa inclúe propostas para a cativada pola tarde, con obradoiros de cabazas e maquillaxe, batucada, desfile e concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.

A festa continuará pola noite con máis batucadas, concertos de Broken Peach e Barón Rojo, no Progreso; actuación da Gramola, na Praza Maior; diferentes espectáculos de rúa (Pablo Méndez – “O mundo de Tim Burton”, Chaioso de Medo, A Lenda) e Desfile da Santa Compaña, cos que o Concello agarda consolidar unha nova edición do Halloween máis terrorífico de Galicia.

 

 

Programación:

  • 17-19h. Obradoiro de cabazas na praza Saco e Arce e Praza Manuel Sueiro.
  • 17-18:50h. Obradoiro de maquillaxe na praza Saco e Arce e Praza Manuel Sueiro.
  • 18h. Batucada, O Gran Dragón, camiñantes brancos e zancos no parque San Lázaro, rúa do Paseo e praza Maior.
  • 19h. Desfile de cabazas pola praza Saco e Arce, rúa Colón e Praza Maior.
  • 19h. Animación de rúa: Batucada, O Gran Dragón, camiñantes brancos e zancos pola praza Saco e Arce, rúa Colón e Praza Maior.
  • 19:30-20:30h. Concerto familiar: Uxía Lambona e a Banda Molona na praza Maior.
  • 20:30h. Animación de rúa: Batucada na praza Maior e Cidade Vella (Zona dos Viños).
  • 20:30-21:30h. Animación de Pablo Méndez “O mundo de Tim Burton”, no parque San Lázaro, rúa do Paseo e praza Maior.
  • 20:30h. Animación “Chaioso de medo” na  praza Maior e praza de Santa Eufemia.
  • 20:30h. Ambientación musical A Gramola na praza Maior.
  • 21:15h. Espectáculo de rúa A Lenda, Parque San Lázaro – Rúa do Paseo – Praza Maior- Avda. de Pontevedra- O Progreso.
  • 22:15-23:30h. Concerto de Broken Peach na rúa do Progreso.
  • 23:45-1:15h. Concerto de Barón Rojo na rúa do Progreso.
  • 00:30-2:15h. Desfile itinerante “Santa Compaña” pola rúa do Paseo e Cidade Vella.
  • 1:30-3:30h. A Gramola na praza Maior.

Artigos relacionados

Back to top button