Álvaro é un pastor da serra de Cabeza Grande de Manzaneda, e cada ano convida a comer a máis de 30 persoas con motivo do seu aniversario e o dos seus irmáns, Malén e Manolo. O lugar non podía ser outro que Amosenda, entre os curros de Palleirós e Raigada.

Álvaro reserva un cabrito das súas 350 cabezas de gando para a ocasión de entre 11 e 12 kg, e cociñao el mesmo nas brasas. Pero aínda que este é o prato estrela da celebración, os invitados desfrutan de doces, bebidas, etc.; razón pola que sobra tanta cantidade que o aniversario prolóngase durante varios días.
“Pasámolo moi ben, desfrutamos moito desta comida”, explicaba o anfitrión. Non é para menos, xa que de comer nun lugar tan característico da serra de Cabeza de Manzaneda só poden presumir uns poucos.
Texto: Alba Prada.
Fotos: cedidas por Belén.