ConcellosÚltima hora

Incendio urbano na Rúa

Unha vez máis os bombeiros de Valdeorras tiveron que actuar na Rúa. Desta volta trátase dun incendio no Burguer 60, un establecemento hostaleiro ubicado no centro da vila, en plena rúa Progreso.

Segundo os datos do 112 o aviso tiña lugar ás 13:03h. do 26 de abril. Unha intensa fumeira alertaba aos veciños e ata o lugar desprazábase asemade a Policía Local que se encargaba de dirixir o tráfico na rotonda. Todo parece indicar que o lume iniciouse na freidora e por seguridade o edificio foi desaloxado.

 

Bombeiros diante do establecemento hostaleiro.

Artigos relacionados

Back to top button