Cun récord de participación dende a súa orixe no ano 2014 se celebrou o campionato de España máster de salvamento e socorrismo diputado en Málaga (as augas pechadas na piscina Inacua e as augas abertas na Praia da Misericordia). Das 62 da primeira edición pasouse á máxima nesta tempada, con 111 inscritos, con números que rondaron entre 2015 e 2017 o cento de socorristas, 103, 104 e 96, respectivamente.
Entre os desta edición celebrada a comezos de xuño estaba a deportista ourensana do club Salvamento Acuático Ourense Salcour, Cristina García Colomo, que defendeu as cores do equipo “cunha excelente actuación, dominando en case todas as pobas nas que participou, volvendo a casa con 4 medallas (tres de ouro e unha de prata) aínda que poderían ter sido máis se a mala sorte non fixera acto de presenza noutras dúas probas nas que malia dominalas, foi descalificada”, explican dende o club valdeorrés.
A mellor actuación de Cristina foi na proba dos 100 metros obstáculos na que ademais do ouro establecía un novo récord nacional. Os outros dous ouros foron nos 50 metros rescate de maniquí e en sprint de praia, logrando a prata nos 100 metros de rescate con aletas.
A próxima cita para o Club Salvour será nos campionatos galegos en augas abertas en categorías inferiores a mediados de xuño na Praia de Laxe.
Fotos: Club Salvour.