Esta formación musical da vila tocará ás 22:30h. deste venres na praza do Reloxo
Cita coa música na noite do 31 de agosto en Trives. A Rondalla Esmorga desta localidade ofrecerá un concerto ás 22:30h. do vindeiro venres na praza do Reloxo. O repertorio que tocará a formación será moi variado, interpretarán cancións populares, cancións de tuna e clásicos de hoxe, onte e sempre, intemporais da música.
Esta rondalla trivesa nacía hai agora unha década, no ano 2008, froito da afección á música dun grupo de alumnos da Escola Municipal de Música da Pobra de Trives. Na actualidade o grupo está formado por 6 membros que tocan instrumentos de corda, vento e percusión acompañado das súas voces.