En portadaÚltima hora

Controlado o incendio forestal de Pradoalbar, no Parque Natural de Invernadeiro

Afecta a unha superficie de 3,2 hectáreas, segundo as últimas estimacións feitas públicas por Medio Rural

Dende as 21h. do 28 de agosto está controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Padroalbar, e que afecta o parque natural do Invernadeiro.

Este lume iniciábase ás 08:54 h. de onte, martes, e semella que foi producido por un raio. Segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afecta a unha superficie de 3,2 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 6 axentes, 23 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 5 avións.

Artigos relacionados

Back to top button