Piragüismo, atletismo, fútbol, petanca, skate, BMX,… Moi completa foi este ano a oferta deportiva das Festas do Cristo que incluían asemade unha proba de orientación.
Na mañá do domingo 16 de setembro celebrábase na praia fluvial do Malecón barquense, a 2ª proba da III Copa Deputación organizada polo Club Peña Trevinca xunto coa A.D. Limiactiva. A media mañá celebrábase unha sesión de xogos previos para nenos e maiores (máis orientados a exercitar a mente), e xa en torno ás 12:30h. comezaba a carreira propiamente dita por parte do paseo do Malecón e o Salgueiral (atravesando a pasarela) na que tomaron parte unha trintena de deportistas de diferentes categorías. O presidente do club Pablo Aller, foi o encargado de dar as instruccións antes de que os corredores se puxeran en marcha, cos correspondentes planos e chaves en man.
A Copa Deputación de Orientación consta de 3 probas e na clasificación final puntúan as dúas mellores participacións das 3 probas programadas. A entrega de premios farase ao final da terceira.
Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.
Fotos: Mónica G. Bellver.