OurenseÚltima hora

Novo incendio na Gudiña, esta vez en Pentes

Quedaba controlado en torno ás cinco de esta tarde e afectaba a unhas 35,87 hectáreas
Imaxe do incendio forestal en Pentes (A Gudiña)./ Imaxe: Brif Laza.

Os incendios forestais continúan afectando ao concello ourensán da Gudiña. Apenas unhas horas despois da extinción do de Barxa, nesta madrugada, en concreto ás 3:35h., comezaba outro lume neste municipio. Desta volta era na parroquia de Pentes. Quedaba estabilizado pasadas as dez e media da mañá e finalmente era controlado en torno ás cinco da tarde.

Segundo as estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, a superficie afectada é dunhas 35,87 hectáreas. No lugar participaban 4 axentes, 12 brigadas, 4 motobombas e 2 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button