Cada persoa é diferente pero no fondo todos somos iguais. Sentimos, amamos, sufrimos da mesma forma. Por iso, baixo o lema “Mírame coas gafas da igualdade” Asfaval e Disvalia conmemoraban, na mañá do 3 de decembro, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Facíano saíndo á rúa, para reclamar o dereito á integración e á igualdade do colectivo, con sendas mesas informativas na praza do Concello do Barco de Valdeorras. A Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras, Asfaval, sacaba tamén á rúa o seu mercadiño solidario con todo tipo de artigos que elaboran os usuarios nos obradoiros do centro, así como Lotería de Nadal. As Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas, Disvalia, pola súa banda, tamén vendía Lotería e lia un manifesto.
Fotos: Mónica G. Bellver.