Un ano máis e fieis á tradición a Policía Local do Barco de Valdeorras celebraba na mañá do 15 de xaneiro a festa na honra ao seu patrón, San Mauro. Unha celebración que comezaba ás doce e media da mañá coa procesión polo casco vello da localidade, seguida por numerosos fieis.
O sol acompañou nesta ocasión ás cita na que os municipais son os encargados de levar a imaxe do santo a ombros, acompañados polos fegreses e a charanga Brisas do Sil, completando o percorrido por unha parte do casco vello para regresar de novo á igrexa que lle dá nome, onde tiña lugar a eucaristía.
Trala celebración relixiosa, á que tamén asistiron membros da corporación municipal barquense co alcalde Alfredo García á cabeza, da Garda Civil e da Policía Local do Bierzo, municipais, amigos e familiares compartiron un aperitivo na Tapería Al Natural, brindando polo patrón.
Fotos: Carlos G. Hervella.