No mediodía deste 25 de febreiro veciños e profesionais reuníanse novamente durante cinco minutos no exterior do Centro de Saúde desta vila
Cuarto luns de febreiro e cuarta concentración en defensa da Atención Primaria no exterior do Centro de Saúde da Rúa. Novamente profesionais sanitarios e veciños congregábanse neste mediodía de 25 de febreiro durante cinco minutos nun acto reivindicativo baixo o lema.“Xuntos por unha Primaria digna”.
Esta concentración está convocado pola Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, AGAMFEC.
A través deste tipo de accións pretenden “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.
Foto cedida.