No marco da celebración das Letras Galegas na Biblioteca Municipal do Concello da Pobra de Trives tiña lugar unha actividade de contacontos. Así o voluntariado da biblioteca, coa colaboración do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, representaban “A dama de Auga”. Trátase dun acto lúdico e cultural “que pon en valor a nosa lingua e como cada conto, fai soñar e pasar un rato entretido a grandes e pequenos”, din dende o Concello.
Para mañá venres 17 de Maio, está prevista, se o tempo o permite, unha “Ruta de sendeirismo familiar”, de dificultade baixa e que sairá ás 11:30h. diante da Oficina de Turismo (no Edificio Santa Leonor). “Será unha mañá en pleno contacto coa natureza, percorrendo fermosos sendeiros e recunchos do noso territorio, marcará a xornada das Letras Galegas no Concello da Pobra de Trives.