Trátase dunha acción de promoción territorial promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural destas comarcas
A antiga sede do Banco de España en Ourense acollía na mañá do 18 de xullo a presentación da campaña promocional “Terra de Celanova e Baixa Limia: a tiro de pedra”, promovida pola Asociación O Vieiro Leboreiro e o GDR das Terras de Celanova e Baixa Limia. Con ela perséguense dous obxectivos. O primeiro deles é “consolidar visitantes que xa coñecen estas terras e que aínda teñen moito por descubrir delas” e, en segundo lugar, trasladar á provincia e tamén a toda Galicia a multitude de oportunidades que estas dúas comarcas poden ofrecer a turistas, visitantes ou consumidores. Entre os recursos principais da súa oferta están a natureza, a cultura, a historia ou a gastronomía.Así o destacaba a presidenta deste GDR, María Jesús Bóo.