Será unha camiñata festiva, pero de dificultade alta, cunha distancia de 17 km e un desnivel de 805 metros, que suporá un tempo dunhas catro horas e media. Con esta marcha o Concello da Pobra de Trives e o Club de Montaña Trives pretenden recuperar a tradición da Romería da Festa da Bica o vindeiro 28 de xullo.
Nesta subida, que se iniciará ás 8:30h. na praza do Concello, están previstos dous avituallamentos sólidos e líquidos e a marcha finalizará co xantar da Romería na Cabeza Grande. O menú incluirá empanada, lacón e, por suposto, bica, mentres desfrutan do Festival Celtibérico de Bandas de Gaitas. Os participantes disporán despois dun autobús para regresar a Trives.
A actividade completa (con seguros, xantar e baixada en autobús) ten un custo de 12 € por participante. As persoas interesadas poden dirixirse á Oficina de Turismo ou descargar na páxina web do Concello (www.apobradetrives.es) a folla de inscrición onde están as instrucións e recomendacións. As incricións deberán facerse antes do 24 de xullo.
Dende o Concello da Pobra de Trives anímase a participar nesta iniciativa e “a exaltar con nós esta festa tan importante para Trives como é a Festa da Bica!!”.