Como cada luns dende o mes de febreiro, veciños e persoal sanitario volvían a congregarse ás 12h. deste 29 de xullo diante do Centro de Saúde da Rúa para seguir insistindo na petición dunha atención “primaria digna” e dun novo centro de saúde para este municipio.
A Rúa leva celebrando estas concentracións dende hai cinco meses, cando lanzaba esta convocatoria a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC). Con estas concentracións preténdese “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.
Foto cedida.