ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Novo incendio nas proximidades do polígono industrial do Barco

En apenas 24 horas a zona do polígono industrial da Raña (O Barco) vén de sufrir dous pequenos incendios. Así na mañá do 5 de setembro o lume afectaba a unha zona que dá acceso a este parque empresarial. En concreto, na ponte que conduce ao polígono polo lado esquerdo antes de cruzar o río Sil.

 

Zona afectada onte polo lume no polígono.

 

No caso de hoxe venres, o lume producíase xustamente en fronte do lugar de onte, é dicir, polo lado dereito. Ata este punto desprazábanse dúas brigadas do distrito forestal de Valdeorras, a Policía Local do Barco e a Garda Civil. O lume sofocábase con rapidez.

Artigos relacionados

Back to top button