EconomíaEconomíaÚltima hora

“Noite dos descontos” o 5 de xuño na Rúa

Na actividade promocional organizada por AEVA participan 15 establecementos comerciais
A representante do comercio na Rúa, Patricia Alonso e a xerente de AEVA, Luisa López. /Foto: Mónica G. Bellver.
A representante do comercio na Rúa, Patricia Alonso e a xerente de AEVA, Luisa López. /Foto: Mónica G. Bellver.

Promocións, espectáculo nas rúas e animación musical. Iso é o que ofrece “A noite dos descontos” unha actividade de promoción de ventas organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboración co Concello da Rúa, que se celebrará o vindeiro venres 5 de xuño e que combina unha noite de compras e ocio.

Na presentación da iniciativa, a representante do comercio na Rúa Patricia Alonso, explicou que a actividade desenvolvarase entre as 20 a 24h. un horario no que os establecementos participantes identificados cunha decoración específica, ofrecerán mercancía de tempada a prezos rebaixados (dende un mínimo do 20%) ademais de degustacións aos clientes.

Como complemento ás compras, haberá actividades de animación por toda a vila. Ás 19h. Troula Animación ofrecerá un espectáculo na Praza José Antonio Míguez Freire, e despois entre as 19 e as 20:30h. e de novo entre as 22 e as 23:30h. farano polas rúas nas que están ubicados os comercios participantes. E xa a partires das 20:30h. será a música a que faga acto de presenza polas rúas a cargo da Banda de Gaitas Abertal.

Na proposta participarán un total de 15 establecementos de diferentes sectores: téxtil (Chiqui, Confecciones Mondelo, Mercería Raquel, Fíos, Ágora e Confecciones Mondelo); calzado (Lúa Zapatos); mobles (Muebles de la Fuente e Resto Colchón); artesanía (Taller Artesán Fina Crespo); droguería (Perfumería Compostela); Herboristería (Love Natural); deportes (Cool Balea e Deportes Aris); e incluso telefonía (Arnaveca Comunicación).

Artigos relacionados

Back to top button