Despois de percorrer ao longo da mañá deste 16 de setembro as rúas do Barco, os Festicultores Troupe ofrecían no Paseo do Malecón unha vibrante actuación a partires das 13h. na que facían bailar e cantar ao público de todas as idades ao ritmo irrestible das súas composicións.
Moita música e humor da man desta banda galega para animar a sesión vermú do derradeiro día das Festas do Cristo nesta vila valdeorresa.
Fotos: A.R.