Malia que neste días, e tendo en conta as previsións meteorolóxicas, a organización da Pasarela O Barco de Moda estivo valorando a posibilidade de mudar a súa ubicación, finalmente, nesta mañá tomaba unha decisión e acordaba manter o seu escenario inicial: a praza do Concello do Barco.
Este evento, que promove O Barco Centro Comercial Aberto (CCA), terá lugar mañá venres 20 de setembro ás 21h.