Coa caída da folla e a recollida das castañas, chega o tempo dos magostos e na Rúa Vella teñen xa preparada a súa particular festa.
Da man da Asociación Cultural Sabugueiro, o sábado 26 de outubro a partir das 20:30h. celebrarase na praza do Arroio unha nova edición desta tradicional celebracion de outono.
O prezo da entrada será de 8 euros e o menú constará de bolo preñado, empanada de carne, bullotes, bica, auga e viño. A venda de entradas será anticipada ata o 24 de outubro nos seguintes establecementos: Panadería Lorenzo, Bar San Roque, Comercio Fina, Artesanos Peyma, Peluquería Esencia, O Café, Bar o 4 e Clínica Fisioval.