Un deseño do artista ourensán Christian Randolfe Amorín, será o cartel da Festa do Magosto de Ourense 20019, declarada de interese turístico. O xurado do concurso convocado polo Concello elixiu o traballo do ourensán, que representa unha lapa en cores sólidas vermella e amarela sobre fondo negro, polo “seu deseño naïf ao tempo que rechamante. Un cartel directo e moi eficaz que identifica perfectamente a festa a través dun dos seus elementos máis representativos: o lume que acendemos para asar as castañas”.
Christian Randolfe, de 23 anos, recibirá un premio de 800 euros como gañador do concurso. A súa creatividade será a imaxe dunha festa tradicional e representativa da cidade, que o Concello de Ourense “quere potenciar decididamente desde este ano, estendendo a varios días a súa celebración e dotándoa dun amplo programa de actividades participativas, a maiores do habitual magosto popular”.