O Barco de Valdeorras conta xa cun novo centro de estética. Na tarde deste luns 9 de decembro, “Destellos” abría as portas na rúa Marcelino Suárez Nº 9. Ao seu fronte está Jenifer, unha xove con experiencia no sector, á que lle gusta marcar a diferencia, que decidía dar un paso máis e abrir o seu propio negocio.
“Destellos” e un centro brillante, alegre, diferente, especializado no tratamento de uñas aínda que os servizos que ofrece van moito máis aló. Depilación, limpeza de cutis, hidratación facial, pedicura,… Con respecto ás uñas, a oferta é tamén moi ampla, dende unha simple manicura a todo tipo de decoracións, esculpido en xel ou acrílico, semi permanente,…
Fotos: Por las Ramas.