Trece establecementos hostaleiros e vintedúas adegas participan no 1º CaViño de inverno, do 17 ao 19 de xullo
“Vén facer o CaViño de inverno, que pasa por A Rúa, bebendo os viños da nosa terra”. Esa é a mensaxe que convida a participar na primeira edicion desta ruta de viños que se celebrará os días 17, 18 e 19 de xullo.
Na iniciativa participarán trece establecementos hostaleiros e vintedúas adegas con agasallos e sorpresas para todo aquel que faga a ruta, dende pinchos especiais ata actuacións musicais e camisetas.
A inauguración será o venres 17 de xullo ás 20h. na praza do Concello coa actuación da charanga N.B.A. O sábado haberá un pasarrúas a cargo de Abertal.