Dende biberóns ata cadetes. Cativos de diferentes idades e dun total de 24 equipos con nomes tan curiosos como Condesitas, Leones Invencibles ou Lobos, participan este ano no torneo de fútbol sala 3×3 organizado polo Club Pizarras Los Tres Cuñados FS en colaboración co Concello do Barco.
O campionato dispútase no Pavillón Vello e comezaba na tarde deste 2 de xaneiro cos máis pequenos: biberóns (nados en 2015 e 2014), prebenxamíns (2013 e 2012) e benxamíns (2011 e 2010), coa posterior entrega de roscón para todos os participantes, independentemente do resultado xa que a finalidade deste evento é participar e pasalo ben.
Mañá venres día 3 de xaneiro, a partir das dez, tocaralle o turno ao resto de categorías: alevín (nados nos anos 2009 e 2008), infantil (2007 e 2006) e cadete (2005 e 2004), cos seus correspondentes roscos como premio pola participación.
Fotos: Carlos G. Hervella