En portadaÚltima hora

A provincia conta con 232 casos activos de coronavirus, dos que 6 están ingresados no Hospital de Valdeorras

No caso de Verín son 3 os pacientes ingresados en planta, segundo a última actualización de datos de Sanidade

 

Continúa medrando a cifra de casos activos por coronavirus na provincia de Ourense. Segundo a última actualización de datos feita pública pola Consellería de Sanidade, na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco hai un total de 232. Deles, 168 permanecen a seguemento a domicilio e 64 ingresados.

Por hospitais, o Hospital Universitario de Ourense ten 54 pacientes, dos que 45 están en planta e 9 en UCI. No caso do Hospital de Valdeorras son 6 os ingresados en planta, mentres que en Verín son 3. Hai tamén un ingresado en UCI no CO.SA.GA.

“Os 9 pacientes ingresados na UCI son de prognóstico grave”, indican dende Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 237. Con 2 altas e 3 falecementos.

En Galicia son 1.832 os positivos

O número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.832, deles 438 son da área da Coruña, 128 da de Lugo, 222 da de Pontevedra, 462 da área de Vigo, 302 da de Santiago,  49 da de Ferrol e os restantes da área ourensá, segundo a última actualización da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Do total de pacientes positivos, 86 permanecen en UCI, 499 están en unidades de hospitalización e 1.247 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 47 altas de pacientes e 36 falecementos.

Os últimos falecementos corresponden a catro varóns: un deles de 63 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense; ademais doutro home de 74 anos ingresado no Hospital de Montecelo; outro de 87 anos que estaba ingresado no Hospital A Rosaleda en Santiago; e outro home, tamén de 87 anos que estaba ingresado en Ferrol. Os catro tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 8.805.

Artigos relacionados

Back to top button