A loita contra o coronavirus non para e dende os concellos continúan sen descando os labores para intentar evitar ou cando menos frear, os contaxios e a súa propagación.
No caso de Petín, aquí temos de novo a membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil desinfectando a conciencia as rúas do casco vello da vila. Unha máis das moitas tarefas que levan a cabo, especialmente intensas durante esta crise sanitaria.
Fotos e vídeo: AVPC de Petín