A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de informar dun fenómeno meteorolóxico adverso por amarelo por choiva e tormenta que afectará á comarca de Valdeorras, a montaña ourensá e ao sur da provincia dende as 13:00 h. ata última hora do día de hoxe.
Nestas zonas prevese unha precipitación acumulada que “nunha hora poderá superar os 15 mm. Dado o carácter destes fenómenos se prevén choivas e/ou ventos localmente fortes e que poderán ir acompañadas de sarabia. Existe a posibilidade de que poidan producirse tormentas de intensidade superior de xeito puntual”, segundo a AEMET.