“En Parada de Sil estamos preparados para reabrir con todas as medidas de prevención e hixiene para a vosa tranquilidade”. É a mensaxe coa que se inicia o vídeo promocional que vén de presentar o Concello de Parada de Sil co fin de presentarse como destino turístico seguro e con multitude de recursos naturais e patrimonais que ofrecer ao visitante.
Unha parte deles poden desfrutarse neste vídeo, no que tamén se amosa a infraestrutura turística deste municipio ourensán situado no corazón da Ribeira Sacra: casas de turismo rural, apartamentos turísticos, albergue, camping… “con todas as garantías de seguridade”.