Logo de tres meses sen celebrarse dedido á crise do Covid-19, Larouco recuperará o domingo 14 de xuño a súa feira mensual. Será a primeira en organizarse tras a declaración do estado de alarma e nela será necesario acudir con mascarilla e gardaranse todas as medidas sanitarias marcadas polas autoridades para garantir a seguridade.
Ademais, como novidade, a feira estreará ubicación. Ata agora viña desenvolvéndose na estrada que cruza a vila, pero mañá celebrarase, por primeira vez, na rúa Seoane para contribuír tamén a manter a seguridade, tal e como informa a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela.
Nos postos da mostra poranse á venda todo tipo de produtos e tampouco faltarán as pulpeiras.