Despois de tres, os postos e os pulpeiros volvían á vila de Manzaneda. Nesta xornada de 22 de xuño esta localidade recuperaba a súa tradicional feira, despois de tres meses sen celebrarse debido á crise co Covid-19.
A feira mantiña a súa ubicación habitual, na zona coñecida popularmente como praza “da farmacia” e contaba, nesta ocasión, con 9 postos de diversos produtos agroalimentarios (entre eles froita ou embutidos), pero tamén os había de roupa e mesmo de instrumentos de cociña, entre outros. Había ademais dúas pulpeiras.
Dende primeira hora da mañá Protección Civil de Manzaneda encargábase de organizar a distribución dos postos respectando as distancias establecidas polas autoridades sanitarias para garantir a seguridade, tal e como destaca o alcalde deste municipio, Amable Fernández. Ademais durante a feira, velaban para que se respectasen as normas de seguridade e hixiene en todo momento, unha delas era que os visitantes da feira levasen mascarilla.
Fotos cedidas.