Nesta mañá de 15 de xullo tivo lugar en Balaídos (Vigo) a presentación do play off de ascenso a Segunda División B. Nela todos os presidentes, adestradores e capitáns dos clubs de fútbol que desputarán esta fase de ascenso, fixeron declaracións previas aos seus respectivos partidos. O presidente do CD Barco, Nilo Ramos, afirmaba que “é unha pena que non poidan vir os afeccionados”, pero tamén recoñecía que “é o que nos toca vivir” debido á situación sanitaria do Covid-19.
Manolo Pérez: “O equipo está adestrando ben e a bo ritmo”
O adestrador do conxunto barquense lamentaba non poder contar coa participación da afección no partido do vindeiro sábado “sobre todo neste caso que é a primeira vez que se viva esta situación”. Sen embargo, recoñecía que “as codicións son excepcionais e hai que adaptarse”.
Por outra banda, afirmaba que “a preparación xa está feita”, pero que é dificil calibrar as sensacións “xa que non xogamos ningún partido nin sequera amistosos que poden dar algunhas pistas máis concretas”. Sen embargo, explicaba que “o equipo está adestrando ben e a bo ritmo”.
Rubén García: “Sería algo moi bonito poder xogar este play off na casa”
O capitán do CD Barco explicaba que “a medida que pasaron os días o equipo foi collendo forma”. Ademais, recoñecía que “somos uns privilexiados por poder desputar un play off nun campo de 1ª División nestas condicións, pero é unha pena non poder xogar na casa, porque para nós, que nunca xogamos un play off sería algo moi bonito”.
Vídeos: RFGF.
Máis información: https://osil.info/o-play-off-do-cd-barco-contra-o-sd-compostela-xogarase-sen-publico/