Os nenos do campamento municipal de Sober “Coñece o teu Concello” desfrutaron, durante a xornada do pasado 29 de xullo, dunha “Xincana pola igualdade”. A actividade tivo lugar nas piscinas públicas e enmárcase dentro da programación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Dende o Concello, lembran que a violencia de xénero supón un problema social de primeira orde contra a que debe loitarse activamente. O alcalde, Luis Fernández Guitián explica que “dende o goberno local de Sober tratamos de responder a acusada necesidade de concienciar e sensibilizar respecto a dita prolemática en todas as súas expresións, tanto visibles como non visibles”. “Queremos participar realizando unha serie de actividades socio-educativas de prevención da violencia de xénero destinadas ao máis cativos”, continuaba o rexedor.
Fotos: cedidas.