Cae un hidroavión do tipo Foca mentres traballaba nesta mañá de 8 de agosto, nas tarefas de extinción do incendio forestal de Manín (Lobios). Este avión prestaba servizo en Portugal pero pertencía á frota española, e ata o momento descoñecense as causas. Segundo Medio Rural, hai unha persoa falecida e outra ferida con varios politraumatismos. O ferido foi trasladado a un hospital portugués.

A localización do accidente é unha zona de difícil acceso, e a caída provocou outro incendio a maiores do que xa estaba activo. O operativo contou coa intervención dos profesionais de Urxencias de Galicia-061 e dos membros de Salvamento Aéreo de Rescate, Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo.



