ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Barco celebra a bicicletada polo día sen coche

91 persoas participaron na iniciativa enmarcada na Semana Europea da Mobilidade 2015

Tomando o inicio do carril bici (no Malecón) como punto de partida, sorteando as mesas e sillas das terrazas por un lado e os coches polo outro, preto dun cento de persoas tomaban a saída na bicicleta “O Barco sen coche”, na tarde do 17 de setembro.

Despois dun percorrido polo pobo, chegando ata o parque empresarial da Raña e Viloira, a marcha remataba na praza do Concello con bebidas para todos, inchables para os máis pequenos e tamén sorteo de agasallos.

A actividade está enmarcada dentro do programa da Semana Europea da Mobilidade 2015, organizada dende a Concellería de Medio Ambiente do Barco de Valdeorras, con outras iniciativas programadas como o parque de educación viaria previsto para o martes 22 de setembro.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button