Era unha das poucas probas en augas abertas que se están a celebrar este verán en Galicia debido á crise do Covid. A X Travesía Costa Serena-Concello de Nigrán celebrábase na mañá do 6 de setembro con participación valdeorresa. O seu punto de partida era praia América, en Panxón.
Na proba de 2.700 m tomaba a saída un nadador do Cub Natacion Valdeorras, Eloy Rodríguez. Ademais, cabe destacar que era o único que non levaba neopreno na competición.
Fotos cedidas.